martes, 15 de marzo de 2016

Videoxogos do alumnado de 4º

As clases de Informática dan o seu froito e temos xa varios videoxogos interesantes feitos polo alumnado nas aulas de Javier Bao:

martes, 16 de febreiro de 2016

Programando con Leap Motion e Makey Makey

As clases continúan nos nosos obradoiros dos luns, e desde hoxe temos un par de ingredientes para facelas máis interesantes: un módulo Leap Motion, que detecta os movementos da nosa man, e un Makey Makey, que nos permite utilizar calquera elemento condutor como dispositivo de entrada de datos (en substitución do teclado ou o rato).

Sen dúbida, a diversión aumenta!


martes, 19 de xaneiro de 2016

Comezan os traballos

Á volta do Nadal comezamos cos obradoiros de programación Scratch para un grupiño de rapaces e rapazas de 2º, 3º e 4º da ESO. Aínda que nun principio se ía ofrecer só a 3º, o escaso talante participativo desta promoción levounos a ampliar a oferta a outro alumnado.

Decidimos que todo o alumnado de 4º con Informática traballaría o Scratch nas aulas (cos profes Javier Bao e Lino García), e un grupo de voluntari@s de 2º e 3º faríano nun obradoiro a desenvolver os luns a mediodía. O obxectivo é crear unha serie de videoxogos sobre o Camiño de Santiago, sobre as Letras Galegas e sobre as plantas da contorna (estamos colaborando con outro Proxecta denominado Fitofaladoiro).

Aquí vos deixamos unhas imaxes da primeira sesión formativa, a cargo de Javier Bao, Flor Domínguez e Ana Moreiras!