martes, 19 de xaneiro de 2016

Comezan os traballos

Á volta do Nadal comezamos cos obradoiros de programación Scratch para un grupiño de rapaces e rapazas de 2º, 3º e 4º da ESO. Aínda que nun principio se ía ofrecer só a 3º, o escaso talante participativo desta promoción levounos a ampliar a oferta a outro alumnado.

Decidimos que todo o alumnado de 4º con Informática traballaría o Scratch nas aulas (cos profes Javier Bao e Lino García), e un grupo de voluntari@s de 2º e 3º faríano nun obradoiro a desenvolver os luns a mediodía. O obxectivo é crear unha serie de videoxogos sobre o Camiño de Santiago, sobre as Letras Galegas e sobre as plantas da contorna (estamos colaborando con outro Proxecta denominado Fitofaladoiro).

Aquí vos deixamos unhas imaxes da primeira sesión formativa, a cargo de Javier Bao, Flor Domínguez e Ana Moreiras!


Ningún comentario:

Publicar un comentario